13-4-2018

sextetas pra lorca

 

 

homenaxe a federico
garcía lorca poeta
catorce de abril sabado
republicana a tarefa
no café uf negra sombra
tamén o anuncian as ervas

tributo a garcía lorca
as artes en asemblea
romancero gitano cante
jondo mariana pineda
el diván de tamarit...
bernarda alba que pena


o mestizo federico

a guitarra e as adelfas

a milenaria granada

e nova yorque unha nena

o equilibrio e os abismos

do acelerado planeta

poesía e teatro novos
vida demasiado a presa
o crime foi en granada
e segue quente a traxedia
homenaxe a federico
un desangrado poema

manolo pipas