28-2-2014

da serpe e de nós




a serpe ese animal

da mitoloxía mexica
e ese ser tamén querido
na nosa antiga cultura

a silueta da serpe
o zig zag tamén forma
dos códices dos antigos
mesoamericanos

a serpe a culebra
coma no mar as ondas
e como esas formas
que o río labra na terra

na miña habita
sobre o caderno
a sombra da cortina
coma unha serpe
de memorias
de vidas

á noite en compostela
no encontro galaico-mexica
platicaremos de serpes e aguias
de códices e comunidades...

manolo pipas