04-9-2011

arrecendo a poesia




a vila e as muralhas

de salvaterra de minho
tenhen arrrecendo a poesía

o festival da palabra
o encontro dos bos corazons
e coma sempre faltaban os presos
e esta vez faltabanos alguen mais

no medio do escenario
unha foto do companheiro
coa bandeira e a estrela
e unhas palabras de lembranza
obrigad@s por todo

e luz fandiño pediu recitar
un poema para o carlos estaca
e dixome a poeta
o likor café
que podemos tomar
tamén o fixera o carlos

e choveu sobre o festival
choveron mais poemas e cancions
si companheiro carlos
somos filhas e filhos
desta terra de chuvia e poesia

e como esta noite en salvaterra
molhadas e molhados resistiremos

manolo pipas