28-5-2016

españa estado fallido

 

 

irak é un estado fallido...

o autodenominado estado islámico...

son frases que a diario saen nos medios

 

acaso españa non é

tamén un estado fallido?

acaso non se autodenominóu

porriba de varias rexións e nacións

ás que lles negóu e nega os seus dereitos?

 

cantas guerras e mortos costóu españa!?

acaso non practica o terrorismo de estado

acaso non ten ducias de presos políticos?

 

escoito tamén na radio que os seferditas

judios expulsados das españas

poden reclamar o seu dereito a ser español!

dos musulmáns expulsados

logo de oitocentos anos na peninsula

non escoito nada importan ben pouco!

acaso a capital do imperio

madrid-majerit non ten nome árabe!

 

hoxe seica é o día das forzas armadas

como tamén o é o 12 de outubro

e escoito na radio que eses que lle temen

a unhas pequenas bandeiras con estrelas

izan na capital un trapo de 35 kilos...


ilexitimo monarquico militarista

antidemocratico...estado fallido de españa

 

o cronista