26-10-2012

o bufón e o hincha




o bufón


Eiqui xaz don literato.
Loitou toda a sua vida polo confort
afincado na seguridá do diñeiro
e no futuro previsto
do poder político reverencial.
Traballóu sen descanso
para darse á folganza i á boa vida
da burguesía refinada,
a quen servíu fidelmente.
Descansa en paz comellón.


o hincha

a felicidá en resume,
era para il berrar gol
nos partidos de futbol
entre a mesma moitedume.

Máis déulle tal torozón
cando quedóu campeón
o odiado equipe contrario,
que por dous goles a ún
xace na fosa común
iste badoco gregario

celso emilio ferreiro