13-6-2014

dos gol(p)es do mundial




nas obras do mundial
que tanto roubaron o país
morreron nove operarios!
gostáballes o fútbol?
en que condicións traballaron?
e cantas horas facían ao día?

na ceremonia de inauguración
da copa de fútbol do brasil
adicáronlles algunhas palabras?
os xogadores das equipas
puxeron o brazalete de luto?
as obras do mundial de fútbol
que ían realizarse con cartos privados
fixeronse cos públicos da sanidade
da educación do transporte da cultura..
e polas malas condicións de traballo
dise que morreron nove operarios!
os seus compatriotas xogadores
adicáronlles algún dos seus gol(p)es?

estes días o brasil está militarizado
e onte eran moitos violentos do estado
por cada un dos manifestantes
e nos feridos tamén houbo periodistas!

o cronista