09-3-2012

versos da marcha das mulleres




Ai, Mariano, con esta reforma

quedamos sen dereitos
a partir de agora
Ai, Feijó, con tantos recortes
deixas sen recursos
a quen menos pode
Ai, Mariano, con esta reforma
non se crea emprego
crease escravismo
Ai, Alberto, non nos vendas motos
privatizas todo
para os teus amighotes

       .  .  .  .  .

Os traballos das mulleres
son moitos e gratuitos
e cando temos un choio
o soldo é ben pequeniño

Ai o patriarcadoo que nos deixou
violencia, machismo e subordinacion
ai o patriarcado ten que rematar
se loitamos xuntas ímolo lograr

Vou eu , vas ti, vai ela
loitar é o que nos queda
vou eu, vas tí, vai ela
loitar é o que nos queda

anonimas mulleres

versos cantados e repartidos
onte
na manifestacion de vigo
os primeiros coa musica do esmaghare
os segundos coa melodia do verdegaio