entre as montañas a vida
na milpa co compañeiro
as coas entran pouco na terra
a miña camisola zapatista
coa mazorca do cereal
que pon del maiz nacimos
gostalle muito ao zapoteca
e logo me pregunta polas amigas
e compañeiros da peninsula
que teñen vido por acá
outro labrego nos cafetais
apaña os ultimos grans bermellos
que darán a suave infusion
.
na visita a unha familia
novos dragonciños de papel
as chamacas xa medraron
e aprenden a facelos
e noutra casa uns nenos
que me queren ensinar
a facer morcegos de papel
machetes e mecapales
imos por leña ao bosque
parou a poalla e voltamos
entre a bretema
lachi ya 3-3-10