01-10-2017

medioambientais versos

 


mais versos das palestras ambientais
na comunidade de montes de coruxo


nos conflictos coa fauna salvaxe
o lobo é coma un simbolo
el  moi presente na cultura popular
o lobo pai do can o noso
animal mais domestico
que neste tempo non comemos
pero que nos castros se comeu

o xabarín tamén é outro símbolo
o pai dese outro animal
domestico que tanto comemos

e o lobo mata animais domesticos
e o xabarin destroza os cultivos
porque hai un desequilibrio no medio
pero matalos sobre todo é un negocio
mais furtivo que legal
hai que matar os lobos di o pp
logo de moitas mentiras

os lobos son animais mui intelixentes
carnivoros sociais que van en manadas
mui xerarquicas cun macho dominante
mesmo igual que o pp o psoe e outros

pero os lobos non fan dano nen matan
por pracer nen son corruptos
nen rouban nen minten nen prenden
lume nos seus-nosos montes

e o salmón é outro simbolo
peixe contra-corrente coma nós
que regresa onde naceu para
morrer pouco despois de sementar 

     .   .   .  

senteime na mesa coa ponente
e o presentador e cando falamos
sentados cambia un pouco a palabra
e ainda mais sen o apoio da imaxe
e ollar para vos aportanos
o que sentides e as vosas olladas
centradas na compañeira que fala

a nosa historia é un cúmulo
de dominacions di begoña

crise de sostenemento e coidados da vida

o sistema non pode parar
pero tampouco seguir este ritmo

que vida merece ser vivida?
debemos camiñar fortalecidos logo dos golpes

temos que imaxinar o futuro
e prepararnos para o qeu nos pode pasar

o estado está socializando as perdas
e privatizando as ganancias

no colectivo moi importante
a cooperacion a solidariedade...
queremos traballo ou queremos
satisfacer as nosas necesidades

ecofeminismo decrecemento ...
poñer a vida no centro
a vida do planeta a de todo o mundo
no centro os coidados das persoas
e da terra

o poder reside nas persoas
o poder de decir non
de educar ...
o poder colectivo
é mui potente


e seguiu o convivio
e mais froitos da terra cociñados pra cea
e a auga recollida as froitas exprimidas
ou fermentadas degustado todo
co directo da musica da terra dos chavellos
e veu mais rapazada e paxaros e xogos...


a david alvarez begoña miño
afonso ruben eva ruth...a comunidade
de montes fontaiña e matogueira

manolo pipas