01-3-2018

o marco museo vivo

 


o noso marco querido
antes xulgado e prisión
lugar das concentracións
nós querémolo ben vivo

o noso marco museo
coa súa historia nas artes
hoxe xoguete do alcalde
pra seguir co seu panfleto

esa cidade fermosa
pra nós a cidade inxusta
o marco quere cultura
e as súas pedras son nosas

a ver alcalde responda
que lle vai facer ao marco?
algo parecido ao barco
tiralo nunha rotonda?


o noso marco querido
antes xulgado e prisión
lugar das concentracións

ten que ser museo vivo

o cronista