12-2-2010

alguns tonos do gris



o gris é a cor que domina
a cor do cemento e concreto
o gris a cor dos seus dias

unha casa tras outra casa
foron colonizando o cerro
coas suas non grises palabras

gris o uniforme desas nenas
as paredes da escola grises
como as palabras da sua mestra

grises son as pequenas maquilas
mulleres presas do seu traballo
cantos tonos do gris na sua vida

mais tonos do gris neses fumes
fabricas pequenas e medianas
carros colectivos peseros buses

alguns dos traxes da represion
e as suas armas tamen son grises
e grises serán os seus corazons

gris o chan e teito deste bus
os asentos e as cortinas grises
o gris da tarde vencendo a luz

…......

colonia tierra blanca de ecatepec
e bus texcoco-distrito 2-10