18-3-2012

lembranzas do bar das travesas




contoume o meu pai que antes

de eu nacer algunha vez ao sair do choio
cos compañeiros viña a este bar a tomar algo

contoume a miña nai
que de nova viña ao hipólito a buscar viño
para levarlle ao meu tio e aos compañeiros
que aki perto traballaban nunha zapateria

moitos anos despois hai duas semanas
eles voltaron a este bar e falaron co hipólito
de como os obreiros viñan ao bar
a que lles quentaran a comida
e mercaban viño e jasiosa
e falaron da vida do barrio daquela
e lembraron como ese home
que está detras da barra sendo neno
correteaba co seu irman por este bar
e logo me dixo a miña nai
cando abriu o hipólito foi un aleluya
era o bar mais moderno dos arredores

manolo pipas