25-7-2018

desta terra

 


desta terra pola fala
polo pobo e a súa teima
esa historia que nos une
que mal coñece esta terra

desta terra pola lingua
polos castros polas meigas
esas raices que temos
de mestizaxes a esencia

desta terra pola chuvia
vella esquina das fisterras
de chapapotes e lumes
e que limpen as galernas

desta terra que se busca
na calor dunha lareira
nas prazas cantas preguntas
con bandeira ou sen bandeira

de mendiñx a rosalía
desta terra en grandes letras
castelao manuel maría...
que non perda a cor a estrela


versos abordados no 2016
que van medrando nos recitais
pero hoxe case tiro algúns deles
titulo da décima de neira vilas

imaxe atopada na rede 

manolo pipas