10-5-2016

tegra soña con africa

 

 

                   a gabriel e fernanda

 

tegra é ese outeiro

sobre a foz do noso pai miño

que desde sempre une esas dúas terras

esta pequena montaña

foi poboada hai miles de anos

e incrédula tegra sofría os conflictos

e como dous poderosos separaron

as terras de norte das do sur

 

tegra é unha cativa choqueira charrúa

que agora vive á beira do río llobregat

sobre ese mediterráneo mare nostrum

mare deles e bastante mare mortum

e de lonxe é coidada polo montseny

coma un monte tegra máis grande

 

o pai de tegra traballa

cos médicos sen fronteiras

con golpeadas tribos de áfrica central

entre fronteiras de estados fallidos

e tegra soña con ir a esas terras

coas sabanas bosques ríos montes...

e soña xogar con cativas tegras

de fermosa pel escura

netas da montaña e da selva

 

o pibe falóunos dos conflictos 

en áfrica central como membro

de médicos sen fronteiras

e estes días en vigo seguen

os eventos destes activistas

 

manolo pipas