13-3-2016

feminista utopia

 

 

as mulleres están marchando

até que sexan livres todas

palabra asembleas e rodas

esta marcha é todo un canto

 

máis de nove anos de parto

pequenos froitos cada día

contra o capital reveldías

contra o machismo revoltas

 

xa abonda de mulleres mortas

feminista  é   a  utopía

 

 

escrito logo do encontro

e recitado no negra sombra

no círculo poético aberto

 

manolo pipas