24-6-2015

até mañán

 

 

no camiño onde nacín e vivo

algunhas das poucas vellas

e os últimos vellos do lugar

teñen o costume de saudar

nas últimas horas do día

decindo hasta mañana

fermoso desexo

aínda que moitos mañáns

non nos imos ver

 

o costume ven de lonxe

de hai trinta corenta … anos

de cando nos coñecíamos todos

de cando nos víamos a diario

cando os cativos íamos a escola

polo camiño sen asfaltar

e xogábamos á beira das casas

e moitas chaves quedaban na porta

de cando había tenda no camiño

e se esquecías os cartos pagabas logo

de cando todos os veráns ardían

os tranvías abandonados na florida

de cando éramos e tiñamos …

 

pipas