06-8-2018

mediterraneo rio evros

 


o mediterráneo río evros
corrente forte augas profundas
cen kilometros de río que une
os estados de grecia e turquia
onde lle din río meriç e que nace
nos balcáns búlgaros como maritsa...

o evros ou meriç entre grecia
e turquia fronteira natural din
falsos historiadores e gobernantes
que separan as persoas e os pobos
que non hai fronteiras naturais
as fronteiras non anti-naturais pois
e a vida deses ríos e montañas
tamén sofre as fronteiras

o rio evros ou meriç de corrente forte
e augas profundas nos últimos anos
é un paso de miles de desprazad@s
e uns pasan e outros morren
e moit@s van pro fondo das augas
e os ríos non devolven os corpos
como fai o salgado mar

pro fondo vai a nosa ética 

 


un atlantico europeo
de segunda