11-10-2015

estampas entre as feministas do mundo

 

 

cando en marzo botóu a camiñar a caravana

feminista da marcha mundial das mulleres

o seu final ía ser no mondego en coimbra

e tempo despois se sumóu lisboa e nela

o 17 de outubro se xuntarán todas

 

por astures pasou e paróu a caravana 

pero como lles soubo a pouco 

ao noso parque chegaron unhas compas

coa enerxía das súas costas e montañas

 

a marcha na defensa da vida e contra o ttip

o tratado transatlańtico de libre explotación

do capital da desunión europea e yanquilandia

chegóu á carpa e os máis entraron nela

e os menos marcharon a consumirlle ao capital

 

mentres avanzaba o serán

ás compas kurdas e turcas regaláronlles

moitos simbolos das mulleres e da terra

i eu paseilles uns barquiños de papel

como símbolos da loita rotondiana

e uns paxariños de papel da liberdade

e de todas as resistencias do mundo


unha hora despois souben que en ankara

nun atentado contra unha marcha pola paz

asasinaron a unhas cen persoas

centos de feridas e puderon morrer

compas destas mulleres da caravana


e seguiu a música a danza

e as conversas até ben entrada a noite

na carpa de castrelos da caravana feminista

da marcha mundial das mulleres

 

manolo pipas