25-1-2017

cativa orellas e paxariños


unha cativa de chandal rosa
abúrrese coa nai no centro de saúde
linda cativa coas orellas mui abertas

vou facendo un paxariño

de papel bermello e ela

por momentos vai seguindo

as dobreces cos ollos
e rápido ven collelo

e xa xoga co boneco
fágolle outro pequeniño
e pono sobre o grande que ela 
fai voar darredor da súa nai

linda cativa do chandal rosa
pero non me atrevo a decirlle
que ela tamén podería voar
coas súas orellas abertas

como podedes imaxinar
non teño imaxe da cativa
e o texto aproxímaselle


pipas