29-10-2011

a pancarta e o vento




un anaco de pancarta

cun pequeno buraco
polo istmo de oaxaca
nas chairas do vento

a nos non se nos ve
pero estamos agarrando
coas nosas consignas
ese buraco ese vento

e traemos tanta vida
como morte traen
os corpos que se ven
por este buraco do vento

manolo pipas

a maribel e bettina ameazadas
e a arquimedes golpeado
por apoiar unha comunidade
que non quere os muiños
de vento das transnacionais


koaosenlaret.net/oaxaca
imaxe dunha protesta 1-2009