27-4-2016

as caixas e as viaxes



as caixas de reutilizado cartón

da axuda para as desprazadas

marcharon nunha longa viaxe

 

tamén o armamento

que producimos en europa

en caixas que non son de cartón

vai directo para aquelas terras

ou por camiños máis longos

facendo aínda máis dano

cos intermediarios das guerras

 

o cartón das caixas se cadra logo

non moi lonxe do lume das bombas

pode arder en pequenas fogueiras

quentando potas e dando calor

á milenaria familia desprazada

 

 

dos 72 palés do almacén

de vigo so marcharon dez

e logo irán dous activistas

do colectivo a-nosa-xente

e como no campo de refuxiados

de idomeni xa pouco queda

agardemos que este material

chegue a outras desprazadas

 

o cronista