10-7-2012

dos outros códices




o códice calixtino roubado
foi a aparecer un ano despois
uns ladrons foron roubados por outros
e canta palabrería sospeitosa estes dias
mais porque non lembramos outros códices

en códices e murais
e nas estelas mesoamericanas

estaba representada a historia
as lendas e a vida cotiá
das poucas culturas orixinarias
que chegaron a crear

con debuxos unha escritura

ideografica de glifos


e chegou ao continente
a espada coa cruz
o capitán e o bispo
camiñando xuntos
masacrando aos infieis
e sometendo aos supervivintes
dominando o territorio
e destrozando todas as formas
da identidade indixena
que non lles servían
para impoñer a nova relixion


cantos templos derrubaron
cantas estelas e muros con murais
para construir igrexas e conventos

e cantos códices mixtecos
zapotecas aztecas e mayas
queimaría a igrexa católica !?

o cronista

os codices non tiñan forma de libro
eran longas tiras dunha especie
de papiro da casca da arbore do amate
e dobrabanse coma un biombo
imaxe dun códice zapoteca
un dos poucos que se salvaron