02-5-2015

curioso mural do réxime

 


este ben curioso mural

que costóu unha millonada

na rúa martinez garrido de vigo

din que lembra ao alcalde republicano

asaninado pola sublevación fascista

e aos outros represaliados da guerra

 

son cousas da pre-campaña 

dese mesmo gobernante

que non nos deixa derrubar

o monumento franquista do castro

e que seguro saía moito mái barato

 

é unha representación universal

con persoas que se clonan

sen diferencia de sexo

dixo o seu modesto autor

o cubano nelson villalobo

 

tamén parece un grupo de persoas 

ás que se lle arrincóu pola forza

a súa memoria e identidade


o cronista