05-5-2013

o serio home do sombreiro




este home de chapeu negro

polas ruas de compostela
co seu camiñar tan serio

ese camiñar dramático
creando escenas e mundos
cos seus persoaxes e diálogos

un señor maior con sombreiro e bigote
que de xeito absolutamente irresponsable
persiste na estúpida teima de vivir
por e para unha das profesions, hoxe en día
máis absurdas do mundo e sen embrago
por iso máis grandiosas

o dia-mes das letras deste ano
é para roberto vidal bolaño