17-7-2021

coidados pola palleira



convidóunos ao seu mundo
a familia da palleira
ás da xira pola vida
e ás da festa da terra
e asemblean os dous grupos
baixo da rica floresta

xogan nenas e cativos

outras serias nunha mesa

o cinema palleiriso
parado polo sistema
segue coa súa outra vida
con obriñas das insectas

de arañas e morcegos

palleiriso porta aberta 

o carballo na sua bota
e os freixos da bañeira 
queren dar unha voltiña
baixo acibos e sobreiras ...