07-3-2013

as arbores e as mulleres




entre alcalá e a praza

perto do lokal do iago
outras tres arbores faltan
á esquerda do flamboyano

e fáltame o mercadillo
unha rúa máis abaixo
pero segue un pouco arriba
o tianguis do carmen alto

e as mulleres chiapanecas
elas tzotziles dos altos
seguen nas ruas vendendo
cargando cos seus chamacos

rua macedonio