21-11-2017

as manadas e la manada

 


unha manada é un grupo
de mamíferos salvaxes ou domésticos
os salvaxes agrúpanse para conseguir algo
defenderse dun depredador ou atacar a presa
e os domésticos agrúpanse para defenderse
dun animal salvaxe co seu medio natural roto
e os mamiferos domésticos tamén son agrupados
polos seus donos para conseguir algo deles
coma unha manada de cans de presa

la-manada defínese un grupo de cinco
sevillanos que gostan dos sanfermines
e eles non son domésticos nen salvaxes
están asilvestrados que é outra cousa
e agrúpanse para facer dano por puro pracer

aos homes desta manada góstalles
a festa o alcohol e outras drogas o seu ego
dominar as mulleres a juerga desmedida...
e publicar as suas correrías en internete  
como abusar sexualmente dunha rapaza de 18

esta manada de cinco bestias digo homes
que está a ser xulgada ten moitos cómplices
que calan e miran pra outro lado
e outros que minten ou manipulan

tamén as feministas van en manada
defendéndose de tantos machistas
construindo un mundo menos malo

o cronista