03-12-2011

adornos luces musicas...




na cafeteria

desde onde hoxe publico
hai uns dias a camareira
puxo uns adornos de plastico
darredor dos cadros das paredes
con estrañas formas e cores
que case molestan a miña vista

unha muller  deixa na mesa
ao seu cativo co seu avó
e algo falan dunha arbore
duns regalos e doutras
cousas ben estrañas

no supermercado do barrio
no fondo musical uns temas
torturan á coitada caixeira
segundo ela me dixo
e a min tamen me fan
doer a cabeza

na rua na praza na cidade ...
no mundo mais adornos
formas cores luces musicas ...
que ninguen me diga
feliz navidad !
por favor !!

envolventes