11-5-2015

dores compartidas

 

 

escribir sobre a dor

a dor e o dano dime

suxíreme unha amiga

e escribinlle algo con cariño

sobre o seu gato moi mancado

que me ensinou logo de falarme

 

escribir sobre a dor

outra vez unha vez máis

a partida a ausencia

e esa dor com-partida

a despedida desde a distancia

e lembrar aqueles bos momentos...

escribo agora logo de que mario

me conte da morte de luis quintanilla...

 

cantos anos pasaron...

e cantos sen saber del?

e que importa distancia e tempo?

unhas palabras pola súa memoria

 

dous días despois de escribir

desde o taúme ollo ás rías

o barbanza e o aberto mar aberto

e lémbrome do flaco que se foi

pero escollo unhas ondas

anónimas de cabo estai

imaxe do pasado mércores

por el e polos que quedamos

 

manolo pipas