18-7-2011

a 18 de julio




a 18 de julio


a dieciocho de julio
asi en castelán
que esta pinche data
asi foi aprendida por nos
asi foi comprendida despois
esta data que tamen a convertiron
na data da paga extra do vran
que ésta é a primeira lembranza
que eu dela teño

a dezaoito de xullo
nesta rua por onde antes
pasaban carros e tranvias
agora espacio peatonal
na rua do republicano urzaiz
que na dictadura foi nomeada
co falangista josé antonio

a dezaoito de xullo
achego a este espacio
a fiestra a liberdade
o agromar da memoria
obra do escultor pazos
na lembranza das barricadas
do barrio do calvario de vigo
hai setentecinco anos
a resistencia republicana
contra o fascismo
a memoria