16-3-2012

hipólito vello bar




ai bar hipólito vello bar

contame un pouco da tua historia
atravesache cincoenteseis anos
sen moverte nada das travesas

ai bar hipólito vella casa
agora como un pub como un cafe
pero as baldosas que te delatan
e aquel tempo do cafe de calcetin

ai bar hipólito do barrio das travesas
naceche bar de comida para os obreiros
a barra segue case igual faltanos a cociña
e á beira da cheminea está agora o piano

ai meu bar hipólito que me contas
conto catro ventanais duas entradas
unha porta parece que nunca se abre
e a outra porta non se quere pechar

travesas non é o nome vello da praza
coma moitos pensan nen o nome
ven das travesas do tranvia
travesas era este grandote barrio de coia
xa hai cincocentos anos o lugar
para atravesar de coia para vigo