23-9-2016

un predicador da complutense

 

 

érase un homo complutense

érase un home moi resentido

co seu primeiro appelido

co seu ppaís con moita xente

 

érase un grande ppredicador

na tele no auditorio nas prazas

cos cacharriños un bocazas

coas fraseciñas marea-dor

 

érase un secretario-general

ou máis general que secretario

ppolitólogo mal comunitario

máis centralista que federal

 

érase un asesor da nova dos vellos

érase un home con moitas mañas

un flaco ppatriota das eesppañas

sempre fozando nos trebellos

 

érase un home buscando demos

un neno amante das marionetas

un mozo pegado a unha coleta

un mal-unidos mal-ppodemos


escrito nas ri-beiras da ría

coa marea baixando

polo cronista