08-1-2011

pablo e o bosque


a pablo coñecino

en febreiro do dous mil cinco
mentres facia o seu traballo voluntario
polas comunidades e a organizacion
indixena zapoteca labrego e carpinteiro
orgulloso da sua cultura e do seu bosque
de s isidro aloapam oeste da serra norte



pablo é preso politico
como outros compañeiros
desde agosto deste ano
por defender pacificamente o bosque
o ultimo bosque case virxe
das suas apartadas e secas montañas

a pablo visiteino no penal de etla
falamos mui serios pero tamen fomos
capaces de botar algunhas risas
demasiado lonxe da sua familia
da sua comunidade
e do seu bosque

o bosque de encinos
sabugos bejucos e piñeiros
o bosque os cerros e a comunidade
o venado o tlacuache o puma o bosque