11-10-2014

lusofonía e 12 de outubro

 


na víspera do día da chamada

hispanidade ou do principio do xenocidio

ao que lle temos adidado varios textos

imos contar un pouco do outro lado

da fronteira da península e do continente

 

 

lusofonía e memoria


a lusofonía din que é

a comunidade de pobos que falan

as variantes do portugués e galego

e lusofonía é distinto ou parecido

a hispanidade do castelán?

esta fermosa palabra lusofonía

non será aínda máis hipócrita?

 

a lusofonía é unha das herdanzas

do imperio e da república portuguesa

a herdanza do xenocidio e da escravitude

a extensión da súa fala e escrita

que desprazóu as linguas orixinarias

e mesmo extinguindo moitas delas

coma trinta linguas nas terras do brasil

 

amanayé anambé apiacá arikapú

aruá arutani aurá creole-cafundo

guató himarimã jabutí júma

karahawyana karipuná katawixi

katukína kreye mapidiano matipuhy

mondé ofayé omagua oro-win

puruborá sikiana tariano torá

remembé xetá xipaya

 

da moito respeto pronunciar

os seus silenciados nomes

pero co portugués e co galego

tamén podemos compartir

cos irmáns que perderon as súas linguas

respeto solidariedade resistencia memoria

 

 

poema recitado á noite no negra sombra

no círculo poético aberto

 

manolo pipas