20-2-2014

o proibido á chuvia vento e sol




a faixa á chuvia e ao vento

que ás veces nos ferros enreda
e sempre hai alguén que a descolga
e logo da chuvia saiu o sol
e cando seque esta faixa
o vento poderá enredala de novo
escondendo as palabras proibidas

con chuvia vento e sol
as mulleres que queren proibir
andan a rexistrar os seus corpos
na oficina de turno da administración
desde a súas linguas até os seus sexos
desde os seus cerebros até os seus ovarios
todos os seus corpos son da súa propiedade
e non do ministro de xustiza de turno

manolo pipas