13-8-2016

apestamos a fume 2

 

 

 

apestamos a fume!

a queimado apestamos

igual que no ano 2006!

a cidade medio coberta polo fume

e a extrema contaminación

que afecta ás persoas

sanidade réstalle importancia

que xa case é unha empresa

 

porque non ardeu

case nada até esta semana?

estarán organizados os incendiarios

pra prender estes días en tantos lugares?

o lume tamén formará parte

da campaña electoral?

porque arde sobre todo

na metade occidental do país!?

 

Galicia cuenta con uno de los mejores

equipos de extinción de Europa"

frase e mentira de feijoo nestes días

na precampaña electoral

anunciando xa indennizacións

 

a mellor equipa anti-incendios

é a que limpa e coida o monte

e evita os lumes

 

o cronista