02-2-2014

regueifas e desgarrada




regueifas e desgarrada

recitado do sabado

mañán teremos regueifas / varias xeracións de inxenio
da raíz bergantiñán / e desta ría regueifeiros

o benito e o josiño / robadeira e os de xornes
o caruncho e o de herbón / afinarán ben as voces

e subirán a este estrado / os alunnos regueifeiros
novas voces necesarias / para ir dando os relevos

veñen irmáns portugueses / desafío e desgarrada
claudia e valter martinho / boas linguas afiadas

cantas coplas botarán / os amigos das rimadas?
canto tempo e historias / cortaranlles a palabra?

internacional certame / de improvisacion oral
se ti non cantas mui ben / non patines no rimar


crónika do domingo

sairon uns versos novos / dos tres vellos regueifeiros
bergantiños coa tonada / que non nos morra este verso

o fermín da feira nova / o fermín de coristanco
marchou a cantar moi lonxe / lembraremos o seu canto

catro novas voces catro / rapaces e mais rapazas
sairon boas disputas  / con algunhas patinadas

camiñou coa concertina / o minhoto desafío
e xuntaronse na sala / as dúas beiras do minho

regueifou pinto d'herbón / con xairo que é o seu fillo
parece que hai relevo / que xa temos un pintiño

benito pinto e josiño / segue un regueifeiro trío
o presentador caruncho / da verbas pro desafío

xunta a todos neste palco / a internacional regueifa
e xa todos van cantando / con música portuguesa

e remata este certame  / vai o peche e despedida
graciñas pola palabra / desta festa colectiva

o cronista