11-11-2016

aquela cancion de leonard

 

 

a canción perdida de leonard cohen

aquí está nun recopilatorio

entre suzanne e marianne

cara un corte dous poríamos no guión

usado disco mercado nunha feira

a oitocentas edición do setenteseis

portada grande coma nos gosta a nós

foto do trovador tomada por pino

no espello dun hotel de milano

roupa negra ollada lonxana

e ao fondo un cartaz con árbores

 

por que mans pasaría

en que casa sonarían as cancións

en que ouvidos aniñarían as historias

de que naufraxios se salvarían?


e agora ti baixas grande urbe

congreso de non sabes que

e xa non quedan vellos hoteis

como os das canción de leonard

pero ti vas pensando

na bohemia das noites...

chama cando poidas

 

na morte de leonard cohen

este vello poema do 99

 

manolo pipas