31-3-2012

ollo de pedra




un ollo de pedra ten riobó prada

ollo vello e novo duro permanente
o rio o prado a pedra e a ollada
e unha palabra ben envolvente

entre o val do sar e o do llobregat
riobó prada ten un ollo de pedra
e de pedra tamen o conversar
atlantica e mediterranea aperta

longa noite de pedra
ollo de vidro
os mestres marcaron
o teu camiño

manolo pipas

un ollo de pedra na rede
rioboprada.blogaliza.org
e que ollos están agachados
baixo o nome de riobó prada