10-4-2013

silencio olmeca




unha boa reproducción

da grande cabeza olmeca
descansa polo parque hundido
debaixo das árbores entre as flores

o misterio das suas formas
segue provocando preguntas
segue escondendo as respostas
debaixo do tempo entre as horas

entre estelas i esculturas
doutros lonxanos pobos irmáns
coida de nós a enigmatica cabeza olmeca
debaixo das nubes e o smok entre silencios


manolo pipas

parque hundido insurgentes
sur da cidade de méxico