15-12-2013

tecas nubes e aves




teca díxome que non sabía

do país das nubes de oaxaca
e conteille un pouquiño del
e dos pobos das nubes e da chuvia
nas montañas da sierra madre
e falamos da jacaranda
e dos tamarindos da costa
entre oaxaca e bahía...
e agora tamén lle conto
que as tecas son descendentes
das zapotecas das montañas
que camiñaron cara a chaira
á beira do mar grande
e a terra das tecas é o lugar
das flores na rexión do vento
que outros queren roubar

teca é poeta e psicóloga
unha curandeira pues
entre o vazío e as nubes
entre negras sombras e destellos

intercambiamos os nosos libros
de lampejos e nubes e para ela fixen
unha pequena ave de papel
que ela chamou gaivota
e díxome que lle ía dar de comer
nubes e de beber auga salgada
pero a gaivota voou e logo saiu
unha posible ave tropical
pola suas ricas cores
como a da imaxe co seu libro
e o fondo é un paliacate
do país das nubes

manolo pipas