06-7-2010

de europa a chiapas

duas decimas jarochas
para unha brigada de apoio zapatista

das terras de vella europa
xa parte a nosa brigada
vai pra rexion de chiapas
e non é por boa cousa,
esta guerra é unha lousa
pero xa non é noticia
e aos amigos zapatistas
van levar o seu apoio,
todo e nada pa nosotros
é unha das suas consignas

nos altos e mais na selva
zapatistas caracoles
a resistencia e as dores
que camiñan coa nai terra,
esta brigada europea
nestes dias xa os visita
comunidades e milpas
acosadas e atacadas,
pola cultura que aman
pola sua autonomia

.

xullo do 2010