10-6-2017

tatán o do chapeu

 


pianiño tatán poc a poc
segue esprimindo o chapeu
xunta un feixe de cancións!

tatán tanxarina trovador
que levas contrabaixo do chapeu?
agora traes distintas emocións!

tatán con dúo trío cuarteto...
cantas formas ten o teu chapeu
flaco amigo do chapeu inquieto?

cando vai dormir este tatán
colga do seu percheiro o chapeu
meu vello amigo até mañán!

canta o compa hoxe logo da unha
na praia de cesantes no millo
verde antes ou despois
de sofia espiñeiro

manolo pipas