25-8-2012

da nosa cidade




a cidade viña falando coa lua

a cidade deitouse á beira mar
a cidade toma un grolo de augardente
a nosa cidade soñou ser mais pequena

a cidade necesita outro trasplante
a cidade ten chuvia para todos
a cidade quere unhas curtas vacacions
a nosa cidade ten moito moito sono

a cidade está cansa das preguntas
a nosa cidade soñou duas veces mais

manolo pipas

para mario
un inedito poema
de hai moitos moitos anos
sen tocarlle unha palabra