17-4-2015

de ratiños e ratos

 


o rato é un pequeno roedor

e a presa que prefiren os gatos

e das fábulas aos animados debuxos

son moitos os entrañables ratos

 

a fábula do rato e a ratoeira

o rato e o gato e o rato e o león

tom e jerri miki maus e pixi e dixi

e espidi gonsáles o rato máis velós

 

hai un ratiño pérez que fai regalos

aos cativos ke lles caen os dentes

e un rato rodrigo que amasa os cartos

sempre roubando ás pobres xentes


este rato que é tan mal bicho

tardou en ir para unha gaiola

pero como ten tantos amigotes

logo saiu pola súa porta

 

na imaxe o lento rodrígues

o curmán de espidi gonsález

e na outra super-rato


o cronista