10-4-2014

artista obra obreiros e memoria





   as polémicas pasan e as obras quedan
   josep m subirachs barcelona 1927-2014

pois é certo que unhas polémicas pasan
pero a historia hai que escribila
e historia valorará ao artista
e tamén a súa ética

este personaxe nos anos sesenta
asinara un documento contra
a reanudación da grande obra de gaudí
e anos despois foi sumar unha polémica
escultura na fachada do faraónico templo

e o proxecto de obra do artista
faise ralidade co traballo dos obreiros
e nas suas obras e nas do seu ídolo gaudí
e en que condicións traballaban os obreiros
cantos accidentes e feridos houbo !?
houbo algun mutilado e algún morto
para que o artista pasara a historia !?

subirachs grandísimo artista
o chamado escultor do réxime catalán
se cadra un mercenario máis do capital

e o artista ficou sen o seu museo
porque o seu banco entrou en crise!
que paradoxo

o cronista