10-1-2018

camiño de quintela

 


díxome a prima lolita
que moito escribo de coia
mais nada saiu de quintela
xa me poño pois coa obra

camiño e barrio da tribo
do que quedan dous anacos
onde nacéu noso avó
e o pai de lolita nando

fernando casa en quintela
coa nosa tía manola
os correa e as villar
mui boa xente de coia

eduardo atopa muller
alí perto por balboa
e marchou pra figueirido
coa nosa avoa vitoria

quintela foi no pasado
o camiño pra baiona
das travesas até o alto
casas talleres e hortas

a lechería e reimán
o taller do tío cándido
e onde se cocía todo?
na  barbería do álvaro

a última casa de quintela

onte nunha húmida

e borrosa foto


manolo pipas