03-1-2011

a arbore de el tule


a arbore de el tule é grande mui grande

este sabino ahuehuete é vello mui vello
mais vello que a conquista dos españoles
e din que esta arbore tamen estaba aqui
claro que muito mais pequena
hai uns dous mil anos
e varias veces quixeron cortala
para facer casas e leña
pero acá segue coa sua memoria

nesta pequena vila oaxaqueña
invadida de turistas e botanicos
que queren coñecer este vexetal
hai outros sete ahuehuetes
de entre cincocentos e cen anos
e habia un neto desta gran arbore
que morreu hai pouco
e din que foi mal plantado
polo ultimo rei das españas