20-1-2011

lembranzas da comunidade

unha mesa do lokal tierradentro
escribo e mando as cartas con este medio
escribo e publico un poema neste espacio
e ollo a hamaca feita polos presos
que está colgada ou suspendida na parede
nunha hamaca grande como esa
durmin as miñas primeiras noites
nunha selva chiapaneca nun espacio
pedido prestado á propia selva
polos neozapatistas tzeltales

xunto ao rio e cascadas de auga azul
a comunidade de bolom ajaw



pero a lembranza non veu con esa hamaca
veu nas conversas cun novo compañerio
que estivo na comunidade en maio
nas suas fotos o rio segue igual
esa tremenda forza da natureza
a aldea moi cambiada e con mais vida
con algunhas novas chozas de madeira
pero igual de ameazados polos paramilitares
os chamacos entre o rio e as arbores
vexoos medrados que pasaron dous anos

a bolom ajaw non poderei voltar
os seus poemas editados en libro
pidolle ao compañeiro que llos leve
se pode ser se llo permite o seu camiño

de tierradentro a alcanfores

imaxe de daniela