09-6-2013

chorros de sensibilidade




na tardiña a fonte do paseo

está tocando unha nova melodía

as cordas están a pintar un cadro
dez pinceis aloumiñan a arpa

un trio de húmidas e cálidas fusións
manan as cores as melodías as formas
david e luis chorros de sensibilidade

lariño

musica david muñoz
pintura luís baltar